O PPdeG cre que Vázquez vincula a súa visita a Madrid coa súa intención de retrasar a nova lei de caixas

Miranda considera que o PSOE si que necesita unha fusión interna de forma urxente e lamenta que do triunvirato Ferraz, Cabaleiro, Vázquez quen menos mande sexa o secretario xeral dos socialistas galegos

 

. O dirixente socialista e todo o seu grupo votou a favor dunha iniciativa que propoñía reformar a lei de caixas polo procedemento de urxencia, acordo que se trasladou despois á mesa de voceiros

 

. O voceiro popular suxire ao presidente galego que, para a próxima reunión cos líderes da oposición, xunto a Guillerme Vázquez invite a Abel Caballero, xa que parece que manda máis que o secretario xeral do PSOE en Galicia

 

. Desexou que o cambio nas súas intencións respecto ás caixas non se deba a que a súa visita á capital fose para recibir ordes do alto mando do PSOE, e lamentou que Vázquez pretenda render a Ferraz os intereses de Galicia

 

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2009. - O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, mostrou a súa sorpresa polas intencións manifestadas polo secretario xeral do PSOE en Galicia, Manuel Vázquez, favorable agora a atrasar a aprobación dunha nova lei de caixas. Miranda cre que este se pregou ás esixencias do alcalde de Vigo e lamenta que unha vez máis Vázquez camiñe sen rumbo e sen criterio propio.

 

O voceiro popular recordou que o dirixente socialista e todo o seu grupo votou a favor dunha iniciativa que propoñía reformar a lei de caixas polo procedemento de urxencia, acordo que se trasladou despois á mesa de voceiros. Miranda mostrou unha inicitiva formada polos voceiros parlamentarios dos tres grupos (documento anexo) que confirmaba a necesidade de habilitar o mes de decembro, sábados incluídos, con tal de chegar a 2010 cun novo marco normativo que regule as entidades financeiras galegas.

 

Miranda cre que a man dereita no Parlamento de Manuel Vázquez, o voceiro Xoaquín Fernández Leiceaga, firmante da devandita iniciativa, debe estar a preguntarse aínda que pasa pola cabeza do seu xefe de filas, e lamentou que os socialistas sigan sen aclararse sobre que folla de ruta seguir en torno ao futuro das caixas. O dirixente popular asegurou que o PSOE si que necesita unha fusión urxente entre as diferentes opinións que ten o partido sobre os temas que afectan a Galicia, e instou a Vázquez a que asuma as rendas do PSOE.

 

Miranda asegura que tres semanas despois de comparecer xunto ao presidente da Xunta en rolda de prensa o día en que este defendeu a necesidade de fusionar as entidades financeiras galegas, Vázquez muda outra vez a súa opinión. O voceiro popular suxire o presidente galego que, para a próxima reunión cos líderes da oposición, xunto a Guillerme Vázquez invite a Abel Caballero, xa que parece que manda máis que o secretario xeral do PSOE en Galicia. De feito, do triunvirato Ferraz, Cabaleiro, Vázquez, quen menos manda sen dúbida é o suposto líder dos socialistas galegos.

 

Miranda fixo esta afirmación tras vincular o cambio de postura de Vázquez coa súa visita a Madrid para reunirse con José Blanco e Leire Pajín. O voceiro do PPdeG desexou que o cambio nas súas intencións respecto ás caixas non se deba a que a súa visita á capital fose para recibir ordes do alto mando do PSOE, e lamentou que Vázquez pretenda render a Ferraz os intereses de Galicia.

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar