Rueda agradece a Baltar os seus anos de dedicación ao PP

O secretario xeral do PPdeG destaca unha traxectoria marcada polos éxitos e un currículum repleto de triunfos electorais

 

• Considera que Baltar fixo durante anos un labor que logrou resultados que bateron tódolos récord de apoio a un partido, non só en Galicia, senón tamén no conxunto do Estado

 

• Destacou que desde onte está aberto o prazo para presentar candidaturas e indicou que do próximo Congreso provincial de Ourense sairá un equipo sólido, capaz de manter o apoio cidadán colleitado ata agora

 

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2009. - O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, quixo destacar hoxe a extensa traxectoria do presidente do PP de Ourense, José Luis Baltar, e recordou que o seu currículum está repleto de triunfos electorais. Rueda considera que a traxectoria política de Baltar está avalada polo respaldo masivo dos cidadáns da súa provincia.

 

O dirixente popular considera que Baltar fixo durante anos un labor importante na formación, que logrou resultados que bateron tódolos récord de apoio a un partido, non só en Galicia, senón tamén no conxunto do Estado. Por iso, desexou que o PP de Ourense siga tendo esa fortaleza e esa eficacia no seu funcionamento que veu demostrando ata o día de hoxe e que os éxitos sigan repetíndose durante os próximos procesos electorais.

 

Rueda destacou que o PP é un partido con insuperables cotas de democracia interna e que celebra os seus Congresos con total normalidade. Neste sentido, destacou que desde onte está aberto o prazo para presentar candidaturas e indicou que do Congreso que se celebrará o día 30 de xaneiro e que elixirá á nova dirección do PP na provincia sairá un equipo sólido, capaz de manter o apoio cidadán solicitado ata agora.

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar