O PPdeG cre que o PSOE necesita un libro de matemáticas, pois falla sumando

 

O PPdeG lembra que casi 7 de cada 10 alumnos seguen recibindo axudas para comprar os libros e lamentan que o PSOE siga apostando por asignar indistintamente os mesmos recursos públicos as familias de rendas baixas e altas

O PPdeG cre que quen necesita urxentemente un libro de texto, e de matemáticas, é o PSOE tras meses demostrando que falla facendo sumas

 

  • Os populares critican que a demagoxia do PSOE galego siga sen encontrar límites e se dedique a lanzar acusacións falsas con cifras que nada teñen que ver coa realidade

 

  • Fan fincapé en que o 65,5% do alumnado matriculado en 1º, 2º, 5º, 6º e Educación Especial, que son os cursos afectados polo novo modelo, percibiu axudas, o que ven a ser máis de 55.000 escolares

 

  • Celebran que o Goberno galego aposte por un modelo solidario que axude a reducir as desigualdades en Galicia e fomente a converxencia da renda entre as familias máis podentes e as de menos recursos

 

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2009.- O Partido Popular de Galicia lémbralle ao PSOE galego que son aproximadamente sete de cada dez alumnos os que se benefician do sistema de préstamo da Xunta de libros de texto e considera, polo tanto, que quen necesita urxentemente un libro texto, e de matemáticas, son os socialistas, tras meses demostrando que fallan á hora de facer contas, concretamente, sumas.

Os populares están a favor dun sistema de gratuidade solidaria de libros de texto co que o Goberno galego lle presta axuda a quen máis o necesita e lamentan que os socialistas sigan apostando por asignarlles os mesmos recursos públicos indistintamente tanto ás rendas máis baixas como ás máis altas.

Neste sentido, os populares fan fincapé en que a diferenza básica e fundamental entre o modelo que defende o PPdeG e o que defende o PSOE galego é que os socialistas son partícipes de empregar o diñeiro público para pagarlles os libros ás grandes fortunas de Galicia mentres que os populares apostan por redoblar e concentrar esforzos en axudar a quen menos ten.

Así mesmo, o PPdeG critica que a demagoxia do PSOE galego siga sen encontrar límites e se dedique a lanzar acusacións falsas con cifras que nada teñen que ver coa realidade. Con respecto a isto, os populares fan fincapé en que o 65,5% do alumnado matriculado en 1º, 2º, 5º, 6º e Educación Especial, que son cursos afectados este ano académico polo novo modelo, percibiu axudas do Goberno galego, o que ven a ser máis de 55.000 escolares. Ademais, desa porcentaxe, o 61% puido ter por primeira vez libros gratis e en propiedade, ao recibir bolsas de 180 euros.

Segundo os populares, os socialistas deben responder, polo tanto, se pensan que o Goberno galego debe destinar un só euro a pagar material escolar ás rendas familiares altas da Comunidade. O PPdeG cree que non, pero o PSOE parece estar dacordo.

Os populares celebran que o Goberno galego aposte por un modelo solidario, que se irá implantando de xeito progresivo, e que axude a reducir as desigualdades en Galicia e fomente a converxencia da renda entre as familias máis podentes e as de menos recursos.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar