O PPdeG cre que o BNG está detrás das ameazas a algúns dos usuarios dos centros de día

Os populares denuncian que traballadores do Consorcio ligados ao BNG chamaron a familiares de usuarios para que suscribisen un texto contra a Xunta e conseguir firmas que rexeiten políticas que só existen na imaxinación dos nacionalistas

O PPdeG cre que o BNG está detrás das ameazas a algúns dos usuarios dos centros de día

  • Teñen constatados estos feitos en, polo menos, media ducia de concellos e continúan a súa investigación para determinar o alcance político e as posibles irregularidades cometidas nesta trama deseñada na sede do BNG
  • Lembran que a política da Xunta non é, como di o BNG, de desmantelación de servizos, senón que se externaliza unha parte deles en busca de mellorar a xestión dos centros do Consorcio

  • Lamentan que os satélites nacionalistas no Consorcio se revolvan ante o feito de que a Xunta frease a contratación de traballadores por motivos ideolóxicos e o ente xa non sexa unha ETT para o BNG

 

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2009.- O Partido Popular de Galicia cre que tralas chamadas amenazantes recibidas por familiares dalgúns dos usuarios de centros de día de Galicia nas que se instaba a estas persoas a firmar un documento contra a política da Xunta está a dirección do Bloque Nacionalista Galego. Neste sentido, os populares lamentan que o BNG empregue a mentira, a manipulación e presións de todo tipo para conseguir engrosar un listado de firmas en contra de políticas da Xunta que só existen na imaxinación de determinados cargos políticos.

Así mesmo, o PPdeG lembra que traballadores do Consorcio efectuaron chamadas a domicilios particulares para pedir adhesións a un manifesto parcial e repleto de falsedades e tamén recordan que hai directores de centros de día que obrigaron a traballadores a conseguir firmas e, incluso, empregados do Consorcio pasaron un documento pedíndolles aos usuarios e a algúns dos centros de día que o suscribisen.

O PPdeG lamenta, polo tanto, que os nacionalistas busquen que traballadores do Consorcio fagan política en centros públicos. Os populares teñen constatados estos feitos en, polo menos, media ducia de concellos e continúan a súa investigación para determinar o alcance político e as posibles irregularidades cometidas nesta trama deseñada na sede do BNG.

Os populares lembran que a política da Xunta non é, como di o BNG, de desmantelación de servizos, senón que se externaliza unha parte deles en busca de mellorar a xestión e o trato aos usuarios dos centros xestionados polo Consorcio e destacan que a calidade no servizo, o control da mesma e as aptitudes profesionais se manterán intactos e será a Xunta quen se encargue de velar, como ata agora, por que así sexa.

O sistema de xestión que empregara a Xunta nestes centros, lonxe de ser unha privatización, é exactamente idéntico ao empregado polo Goberno anterior en programas como “Xantar na casa”, impulsado pola ala nacionalista do bipartito e ademais rexido, ao igual que o sistema proposto agora pola Xunta, pola Lei de Servizos Sociais aprobada na pasada lexislatura polo Goberno e avalada, por tanto, polo PSOE e o BNG.

Os populares lamentan que os satélites nacionalistas no Consorcio se revolvan deste xeito ante o feito de que a Xunta frease a contratación de traballadores por motivos ideolóxicos, sen dita identidade, e pase a premiar agora a capacidade profesional e a calidade.

O Consorcio deixa de ser, por tanto, unha ETT para militantes do BNG e son precisamente estos os que agora tratan de boicotear o funcionamento do mesmo con prácticas abominables, ameazas e chantaxes a usuarios de centros de día e aos seus familiares.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar