Os plans da Xunta pasan por seguir potenciando o sector en Galicia para recuperar o liderazgo mundial nesta materia e para crear postos máis postos de traballo na Comunidade dende o máis absoluto respecto ao medio ambiente
O PSOE revélase contra o programa de acuicultura impulsado pola Xunta porque este defende os intereses de Galicia e non os de Portugal como facía o bipartito
- O PPdeG entende a postura dos socialistas porque se mostra coherente coas políticas que levaron a cabo durante o seu Goberno bipartito. O PSOE non apoia os planes da Xunta que pasan por recuperar o liderazgo mundial no sector, creando postos de traballo e respetando o medio ambiente
- Os populares galegos sempre defenderán que as empresas galegas que queiran impulsar a economía da Comunidade o fagan aquí, pois non será un Goberno do PP o que peche a porta nos fuciños ás empresas que queiran asentarse aquí
- Os socialistas, tras pasar catro anos negando estes proxectos, agora, na oposición seguen sen defender nin ós intereses de Galicia nin os dos galegos
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2009.- O PSOE revélase contra o programa de acuicultura impulsado pola Xunta porque este defende os intereses de Galicia e non os de Portugal como facía o bipartito, deixando escapar ao país veciño aos emprendedores e as empresas que querían cren riqueza, emprego e desenvolvemento na nosa comunidade.
Os populares galegos entenden a postura mantida polos socialistas na oposición, porque se mostra coherente coas políticas que levaron durante o seu Goberno bipartito, que era a mesma. De feito, nesta liña de actuación, o PSOE non está a apoiar os plans da Xunta que pasan por recuperar o liderazgo mundial de Galicia no sector acuícola, creando postos de traballo e respectando o medio ambiente.
Mentres, a Xunta de Feijóo traballa na creación de plans acuícolas baseados no respecto escrupuloso do medio ambiente, pois a prioridade para Galicia no sector segue a ser voltar a converterse no referente mundial e, en termos económicos, seguir creando riqueza, xerando emprego e loitando por deixar atrás a crise económica.
Por tanto, non será un Goberno do PP o que dea coa porta no fuciño ás empresas que, dende o respecto ao medio ambiente, queiran apoiar ao sector, a Galicia e aos galegos, pois é importante que en lugar de marchar a Portugal emprendedores e empresas queden na nosa comunidade para xerar un beneficio que, ademais de moi necesario, non podemos deixar escapar.
Por elo, semella que a saída do PSOE da Xunta é unha boa noticia para Galicia, que agora percorre a senda da recuperación e da dinamización económicas, mais non é de todo boa para Portugal, que coa saída dos socialistas do Goberno galego perderon a uns dos seus grandes benefactores.













