• Miranda critica que o Bloque volva a dicir si aos socialistas a cambio de nada e que estes volvan a recorrer aos nacionalistas para levar a cabo plans políticos que pasan por unha merma ao benestar de Galicia
PSOE e BNG escenifican no Congreso a súa renovada alianza e mostran, cos Presupostos de fondo, que uns e outros se necesitan e complementan
• O voceiro do PPdeG lamenta que os nacionalistas sexan cómplices dos socialistas avalando unhas contas que supoñen un atraco aos intereses de Galicia
• Critica a falta de rigor político dos nacionalistas, que venden a Galicia por sete millóns de euros que saben que non se executarán
• Asume con resignación que a bipolaridade do BNG é tal que non lle importa desdicirse en Madrid do que defende en Galicia
• Esixe aos nacionalistas que expliquen aos galegos o porqué da súa oposición ao veto dunha Lei de Financiamento Autonómico prexudicial para Galicia
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2009.- O voceiro do Partido Popular de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, criticou hoxe a decisión do Bloque Nacionalista Galego no Congreso dos Deputados de opoñerse ao veto á Lei de Financiamiento Autonómico e o feito de que volva a dicirlles si aos socialistas a cambio de nada. Así mesmo, o popular lamenta que os socialistas, pola súa banda, volvan a recorrer aos nacionalistas para levar a cabo plans políticos que pasan por unha merma ao benestar de Galicia.
Con respecto a isto, o voceiro do PPdeG quéixase de que o PSOE e o BNG reforcen os seus lazos no Congreso cos Presupostos Xerais do Estado de fondo e lamenta que os nacionalistas sexan cómplices dos socialistas, avalando unhas contas que supoñen un atraco aos intereses de Galicia.
Ademais diso, Miranda critica a falta de rigor político dos nacionalistas, que deixan en evidencia, coa súa decisión de non apoiar o veto no Congreso e de votar en contra no Senado, que o BNG vende a Galicia por sete millóns de euros que saben que non se terminarán executando, como aconteceu, segundo o popular, co 97% de todas as partidas extra que supostamente conseguiu o BNG na pasada lexislatura para a Comunidade.
O voceiro do PPdeG asume con resignación, polo tanto, que a bipolaridade do BNG é tal que non lle importa desdicirse en Madrid do que defende en Galicia e esixe, por iso, aos nacionalistas que expliquen aos galegos o porqué da súa oposición ao veto dunha Lei de Financiamiento Autonómico prexudicial para a Comunidade mentres que en Galicia criticaban ao Goberno central polos escasos fondos que se presupostaron para Galicia.
Os pasos dados no Congreso demostran que PSOE e BNG reforzaron as súas alianzas non só en Galicia senón tamén en Madrid, e que seguen camiñando xuntos pese ao fracaso do bipartito. Ámbolos dous necesítanse e compleméntanse e por iso cada vez é menor a liña que separa as teses dos socialistas das do Bloque.













