O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asistiu hoxe á ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro polo Día das Letras Galegas xunto con membros de Novas Xeracións, do Grupo Parlamentario Popular e representantes do PP de Santiago.
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que as políticas de Feijóo evitaron que á crise económica e financeira se sumara en Galicia unha terceira crise de déficit público.
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que a orde do día do Pleno do Parlamento que se celebrará a vindeira semana incorporará o debate de totalidade da Lei de Vivenda, que reforza o carácter social da vivenda, a loita contra o fraude, outorga maior seguridade xurídica e trata de impulsar o mercado inmobiliario. Puy salientou que "a boa xestión e dirección da política económica" realizada nos últimos tres anos polo Goberno galego sitúan a Galicia "en mellor situación que outras autonomías para saír da crise" e mostra delo é que o Plan de Reequilibrio supón na Comunidade galega un axuste orzamentario de 69 millóns, fronte aos máis de 15.000 que terán que reducir o conxunto das comunidades".
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a formación levará a cabo unha campaña informativa polas comarcas galegas na que os representantes públicos do PPdeG explicarán as medidas que está adoptando o Goberno de Rajoy.
“O feito de que existira unanimidade de todos os grupos parlamentarios no momento do seu nomeamento na pasada lexislatura e de que estea próximo a concluír o seu mandato fannos pensar que estamos ante unha manobra oportunista por parte da oposición, con pouco respecto á liberdade de expresión”, manifestou esta mañá o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, en referencia á polémica xurdida polas declaracións realizadas a semana pasada polo Valedor do Pobo na Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia.
O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, afirmou hoxe que hai que ser cautelosos cos datos do paro, xa que non hai un cambio radical de tendencia, e indicou que é preciso seguir facendo reformas e tomando o camiño económico máis sensato, que é o de facer exactamente o contrario do que fixeron os que nos trouxeron ata aquí.
O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, afirmou hoxe que se en Galicia gobernasen os nacionalistas, como sucede en Cataluña, ou os socialistas, como en Andalucía, os axustes que habería que levar a cabo serían moito máis drásticos.
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, anunciou hoxe que os deputados populares levarán a cabo unha campaña "para explicar a situación económica actual e que todas as decisións que se están adoptando polo Goberno central van dirixidas a resolver a curto prazo os problemas serios de financiamento que ten a economía española e conseguir unha economía que creza e que sexa capaz de xerar emprego nunha situación moi complexa".
O secretario xeral dos populares galegos, Alfonso Rueda Valenzuela, apuntou hoxe que os tres anos de xestión económica do PPdeG ao fronte da Xunta permitirán “minimizar o impacto” dos axustes estatais en Galicia.
O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, afirmou hoxe que os datos do paro en Galicia melloran a media nacional e destacou o diferencial positivo de máis de catro puntos co conxunto de España.
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que, á espera de coñecer con máis detalle as medidas aprobadas polo Goberno central o pasado venres nos ámbitos da sanidade e a educación, "o seu impacto en Galicia vai ser menor que no conxunto das comunidades autónomas". "Aquí as necesidades son máis baixas porque levamos tres anos facendo melloras na eficiencia do sistema, reducindo o gasto público e mantendo o núcleo duro do Estado de Benestar", apuntou.
O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, considera que o plan do Goberno central serve para rescatar o sistema sanitario e afirma que o copago farmacéutico evita o copago asistencial.