Historia do Partido Popular

A idea que máis tarde daría lugar ao Partido Popular xestouse a comezos dos anos setenta por iniciativa dun grupo de persoas liderado por Manuel Fraga Iribarne. O obxectivo que perseguían era o de crear e artellar unha organización de carácter reformista e con ideoloxía de centro, que constituíse unha nova alternativa política para a sociedade española.

Con esta teima, o 9 de outubro de 1976, inscríbese no Rexistro de Asociacións Políticas do Ministerio da Gobernación a Asociación Política Reforma Democrática, que formaría parte da federación de asociacións políticas Alianza Popular, tamén fundada en setembro dese e mesmo ano por Manuel Fraga e que integraba así un total de sete formacións ás que se lle irían engadindo outros partidos.

No Congreso Nacional constituínte de Alianza Popular como federación de partidos, celebrado en marzo de 1977, noméase a Manuel Fraga como Secretario Xeral da institución.

Dous anos máis tarde, en xaneiro de 1979, presentaría un primeiro texto estatutario para Galicia, que celebraría un Referendo do Estatuto de Autonomía o 20 de decembro de 1980.

O ano seguinte, concretamente un 20 de outubro de 1981, teñen lugar as primeiras eleccións autonómicas nas que Xerardo Fernández Albor, que encabezaba a lista de Alianza Popular, sae elexido presidente electo de Galicia. Sen embargo, unha moción de censura presentada polos socialistas faille abandoar a Presidencia o 27 de setembro de 1987.

Tras en maio de 1988, celébrase un Congreso Extraordinario de Alianza Popular no que se proclama como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia a Manuel Fraga, que sería reelixido no IX Congreso Nacional de 1989. Neste acto, denominado da Refundación, nace o Partido Popular como o coñecemos hoxe.

No ano 1989, un 17 de decembro, celébranse as terceiras eleccións autonómicas nas que o Partido Popular obtén unha maioría absoluta e, polo tanto, Manuel Fraga pasa a ser o Presidente da Xunta de Galicia.

A partir dese momento e durante os seguintes 16 anos, o Partido Popular, con Manuel Fraga á cabeza, non abandonaría a Presidencia da Xunta de Galicia. A maioría absoluta do partido revalidouse, polo tanto, nas eleccións do 17 de outubro de 1993, nas do 19 de octubre de 1997, e nas do 1 de outubro do 2001, gobernando así en catro lexislaturas consecutivas.

Durante as tres primeiras lexislaturas, algúns dos feitos máis destacados do Partido Popular serían a elección de Cuíña Crespo como Secretario Xeral o 6 de xullo de 1990, a celebración en decembro de 1991, do Congreso Extraordinario da integración de Centristas de Galicia ou a elección de Xesús Palmou como Secretario Xeral no X Congreso celebrado en outubro de 1999

Na cuarta lexislatura, concretamente o 10 de setembro do 2004, Manuel Fraga nomea como vicepresidentes da Xunta de Galicia a Xosé Manuel Barreiro, Conselleiro de Medio Ambiente, que sería o Vicepresidente segundo, e a Alberto Núñez Feijoó, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que sería o Vicepresidente Primeiro.

No XII Congreso do PPdeG, celebrado o 23 de outubro do 2004, Manuel Fraga é elexido novamente Presidente e Xesús Palmou, Secretario Xeral.

Trala derrota electoral, o 4 de novembro do 2005, Alberto Núñez Feijóo, portavoz adxunto do Grupo Parlamentario Popular, anuncia a súa precandidatura ao Congreso para a sucesión de Manuel Fraga que se celebraría en xaneiro do 2006.

No XIII Congreso do PPdeG, Núñez Feijóo é elexido Presidente cun 96% de apoios no congreso dun partido político con maior participación da historia de Galicia. Alfonso Rueda ocuparía a Secretaría Xeral, Xosé Manuel Barreiro a Vicepresidencia e Manuel Fraga sería proclamado Presidente de Honra Vitalicio.

 

 

O 23 de novembro de 2008, o Partido Popular de Galicia celebra o acto de proclamación do presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, coa participación de máis de 5.000 afiliados.

A recompensa ao esforzo do PPdeG e ao seu eficaz programa electoral viría o 1 de marzo de 2009 coas eleccións autonómicas, cando despois de catro anos na oposición, os populares gañan as eleccións e retoman as rendas da Xunta de Galicia con maioría absoluta.

O 20 de abril dese mesmo ano, o PPdeG toma posesión do Goberno e comeza a poñer en marcha as actuacións que recolle o seu programa electoral.

 

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Tags: Galicia
Síguenos:
RSS

Descarga nuestros titulares

Podcast

Nuestros audios

En tu correo

Recibe los titulares y alertas informativas

Afiliate Buscar