Os militantes do PPdeG presentan máis de 70 emendas ás ponencias do Congreso de Sevilla

O voceiro do PPdeG di que Galicia será a terceira delegación máis numerosa do PP no Congreso, xa que 271 dos 2.494 compromisarios serán galegos

Os militantes do PPdeG presentan máis de 70 emendas ás ponencias que se debatirán no Congreso de Sevilla 

  • Miranda destaca que os populares non van só para renovar equipos senón tamén para actualizar o partido 
  • Indica que entre as preocupacións dos afiliados están o sector naval e pesqueiro, a débeda das administracións públicas, a relación entre o Estado e as autonomías, a saúde dos pequenos negocios, a formación e a chegada dos fondos europeos 
  • Entre as emendas destacadas está a de que as persoas nunha situación económica delicada ou no paro poidan estar exentas da totalidade ou dunha parte da cota sen perder a súa condición de afiliado 

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.- O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, destacou hoxe que Galicia será a terceira delegación máis numerosa do PP en Sevilla, xa que 271 dos 2.494 compromisarios serán galegos e destacou que os populares non van a Sevilla só para renovar equipos senón tamén para actualizar o partido. 

O dirixente popular subliñou que as cinco ponencias que se van a debatir no Congreso van ser enriquecidas coas aportacións dos militantes do PP en xeral e dos 100.000 afiliados do PPdeG en particular. Esas emendas, cuxa paternidade corresponde, por tanto, ás bases do partido e cuxa orixe está nas inquedanzas do PP, son máis de 70 e teñen un gran contido político. 

Como apuntou Miranda, as suxerencias recibidas evidencian que a acción política do partido dá resposta ás inquedanzas da súa militancia e esas propostas de modificación ou adición aos textos presentados correspóndense coas liñas básicas de actuación do partido na Xunta e no Goberno central. 

OS CONTIDOS DAS EMENDAS 

O dirixente popular indicou que entre os contidos das emendas están a petición de que se pida o levantamento de vetos inxustos a estaleiros competitivos que poden xerar riqueza e que o Estado acorde coas comunidades a súa postura de cara a tratar a Política Pesqueira Común en Bruxelas. 

Así mesmo, ás bases do PP tamén lles preocupa a débeda das administracións públicas, a relación entre o Estado e as autonomías, a saúde dos pequenos negocios, a formación e a chegada dos fondos europeos. 

Ademais, entre as emendas destacadas está a de que as persoas nunha situación económica delicada ou no paro poidan estar exentas da totalidade ou unha parte da cota sen perder a súa condición de afiliado. 

Segundo Miranda, hoxe mesmo se remitirán esas emendas que tanto el como os xerentes e coordinadores provinciais do PPdeG estiveron analizando para evitar que haxa duplicidades ou erros.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nuestros titulares

Podcast

Nuestros audios

En tu correo

Recibe los titulares y alertas informativas

Afiliate Buscar