Con respecto aos datos do cuarto trimestre de 2011, Galicia, cun 18,3% de paro, mantén o diferencial positivo en 4,5 puntos respecto ao resto do Estado, onde a taxa é do 22,85%
Sueiro asegura que o Diálogo Social constitúe unha ferramenta útil para combater as cifras do desemprego
- Sinala que Galicia rematou o ano 2011 cunha media de taxa de paro do 17,4% fronte á media do Estado, que se sitúa nun 21,6%
- Aínda que os datos non son positivos, hai que ter en conta que a destrución do emprego en Galicia é menor que no conxunto do Estado
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2012.- O deputado popular, Alberto Sueiro, fai fincapé en que as medidas e acordos incorporados no Diálogo Social son unha ferramenta útil para derrotar as cifras que nos deixan os datos do desemprego.
Con respecto a isto, o dirixente popular afirma que a Xunta está moi concienciada co problema do desemprego e por iso, co Diálogo Social, pon en marcha investimentos destinados a favorecer a creación de postos de traballo. Trátase de un acordo que, a través da acción conxunta e coordinada de todas as partes presentes no mercado laboral, busca combater as cifras do paro.
Con respecto a isto, no que atinxe á taxa de desemprego do último trimestre de 2011, Sueiro sinala que en Galicia, que é do 18,3%, segue a estar máis de catro puntos por debaixo da taxa de paro do conxunto de España, que é do 22,85%, en concreto 4,55 puntos por debaixo, e destaca que Galicia é a sexta Comunidade con menor índice. Polo tanto, a pesar da subida na nosa comunidade de 1,1 puntos con respecto ao terceiro trimestre, seguimos a manter o diferencial positivo en 4,5 puntos. Con respecto a isto, cómpre facer fincapé en que a taxa de paro en España subiu en 1,33 puntos polo que o seu incremento é maior.
Por outra banda, Sueiro sinala que Galicia rematou o ano 2011 cunha media de taxa de paro do 17,4% fronte á media do Estado, que se sitúa nun 21,6%. Amosou, polo tanto, un mellor comportamento con respecto á media do Estado.
Por outra banda, o dirixente popular considera lóxico que na comparativa entre os datos de 2011 e os que deixou 2010, onde a taxa do paro en Galicia era do 15,4% e a de España do 20,07%, o incremento en Galicia fose algo maior que se experimentou a nivel estatal, posto que no conxunto do Estado se estaba tocando fondo e, a partir dese tope, o difícil sería subir máis.
Por iso, segundo Sueiro, aínda que os datos non son positivos, hai que ter en conta que nos dous últimos trimestres de 2011 en Galicia aumentamos o diferencial con respecto ao Estado e, polo tanto, a destrución do emprego en Galicia é menor que no conxunto do Estado.
Por outra parte, en termos absolutos e relativos con respecto ao terceiro trimestre de 2011 Galicia é a novena comunidade autónoma na que menos sobe o paro.













